Nace o foro de AGMAL!


Bos días! Como moitos sabedes levamos meses traballando en mellorar e crecer como asociación. Unha das nosas tarefas pendentes era a creación dun foro para que podamos compartir o noso traballo e experiencia. Ten as súas vantaxes e inconvenientes pedímosvos que sexades pacientes estes días e que nos escribades ante calquera dúbida ou suxestión.

Como comentamos nas redes sociais na ¡páxina web no apartado "foro" teredes acceso a un foro onde poder compartir cos demais recursos, ferramentas, libros, dúbidas... e poder enriquecernos da experiencia dos demais.

A ligazón é a seguinte: https://agmalinfo.wixsite.com/agmal

Teredes que rexistrarvos, nós comprobaremos que o voso email aparece no noso banco de datos de socios, e xa teredes acceso.

Para calquera dúbida estamos á vosa disposición.

Esperámosvos!


69 vistas