Quedamos na casa!

Actualizado: mar 30


Como estades a ver estes días polas redes sociais, o equipo de AGMAL ó completo quedou na casa, pero iso non significa que non estiveramos a traballar...

Aproveitando o tempo que posuímos despois do teletraballo, decidimos compartir con todos vós as diferentes actividades que estamos ofrecendo á nosa rapazada e ás súas familias durante este tempo de confinamento.

Como o faremos? Pois como vedes a web ten novidades, ademais de reabrir o blog, tamén o fixemos co foro, creando así un espazo privado para que todos os socios poidamos compartir as nosas ideas, materiais, recomendacións, lexislación, libros recomendados, apps, etc, conseguindo unha gran fonte de recursos accesible nun só click.

Comprobade o voso correo, no que tedes as instrucións a seguir para poder acceder ó foro, e poder botar unha ollada ás diferentes entradas que xa ten. Anímate a compartir a túa fantástica labor!

#movimientoal

#quedanacasa

#quédateencasa

#agmal

70 vistas