En AGMAL estamos de estrea xa que cambiamos por completo o noso logotipo e imaxe xeral. Como podedes observar, a cor predominante continúa a ser o azul característico que lembra a bandeira da nosa Comunidade. Do mesmo xeito, uniuse a G de Galicia co M de Mestres/as para resaltar ese sentimento de pertenza mutuo.

Como novidade, cabe resaltar que estreamos SÍMBOLO, pasando a ser a G que nos distingue do resto de Asociacións de Mestres de AL de España e engádense as “pingas” dos factores nos que nos apoiamos para realizar o noso traballo día a día: ESCOLA, FAMILIA, ALUMNADO.

Quixemos facer tamén alusión ás dificultades lectoescritoras invertendo o A para que forme unha G, sen esquecer nunca o maior principio que guía a nosa práctica diaria: a INCLUSIÓN.

Podedes ver todos estes cambios no vídeo presentación que preparamos e tamén na nosa Web, Blogue, Facebook, Instagram e Twitter.

Queremos agradecer enormemente ó noso deseñador Raúl de Plasencia polo marabilloso traballo realizado e invitámosvos a que visitedes a súa Web para ollar todos os seus deseños.

https://rauldeplasencia.com

Esperemos que vos guste tanto coma a nós!!




23 vistas