Son moitos os centros e profesionais que se poñen en contacto con nós para achegarnos o seu sentir fronte á escaseza de recursos persoais, en concreto de mestres/as especialistas en Audición e Linguaxe, xa que, en moitos casos, están compartidos ou son insuficientes para atender ao alumnado con Necesidades Especificas de Apoio Educativo (NEAE) e, por iso, queremos recoller esta información e entregala de forma conxunta por rexistro á atención da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Precisamos máis recursos para que a inclusión sexa unha realidade nos nosos centros.
Precisamos que este documento sexa cuberto pola maior parte dos Equipos Directivos dos centros da Comunidade Autónoma, antes do 21 de maio, para poder presentalos por rexistro todos xuntos e facer máis forza.
Podemos contar contigo? NECESITÁMOSTE!
Como parte da comunidade educativa (familia ou profesional), faillo chegar ós centros educativos que coñezas!
#más ALmásInclusión