ASEMBLEA XERAL ANUAL

Temos data para a asamblea xeral anual de socios e socias de AGMAL!!!
Celebrarase o próximo día 16 de xaneiro do 2021 ás 12:45 en convocatoria única. A asemblea terá lugar a través da plataforma Zoom.
Revisade os vosos correos xa que alí tedes os puntos a tratar así como un adxunto coa convocatoria á asamblea, a cal comezará xusto despois da formación que se levará a cabo ese mesmo día: "Adquisión del lenguaje y comunicación en TEA" por Dagmar Gabriela Nedelcu.
O enlace de acceso á asemblea será enviado uns días antes, pero debedes confirmar a asistencia respostando ó mail.
Felices festas e bo comezo de ano!
Comments