CURSO A1 LINGUAXE DE SIGNOS GRATUITO
Temos unha gran noticia!!!! Firmamos unha colaboración coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FXAPG).
Con este convenio buscamos aportar o noso grao de area para lograr unha escola más inclusiva formando a mestrxs en lingua de signos. Neste caso firmamos un proxecto común no que 60 socixs de AGMAL poderán formarse en Lingua de Signos nivel A1 de forma gratuíta. A Federación costeou o 40% e AGMAL o 60% do total da formación.
Comezaría o 11 de xaneiro e remataría en marzo.
Tería unha duración total de 60 horas.
Coordinaríano e impartiríase na plataforma e co profesorado de FXAPG
Ó final tedes o programa que nos facilitaron dende FXAPG cos contidos que se van a impartir. Abriríamos o formulario de inscripción na web: https://www.agmal.org/formacion o sábado 28 ás 17 da tarde e as 60 primeiras personas inscritas realizarían a formación. Confirmarémosvos nos días seguintes si tedes praza.
Importante: Só é para sociaxs de AGMAL de este ano e que continúen asociados con nós o ano que ven. Pedímosvos que sí vos animades a anotarvos pensedes se tedes o tempo para facelo, xa que estamos invertindo unha cantidade económica importante tanto a FAXPG como AGMAL, e que si o proxecto ten unha boa acollida poderíamos intentar realizalo en futuras convocatorias. Para calquera dúbida estamos á vosa disposición.
Comments