top of page

CAMPAÑA FEMAL #másALmásInclusión

Como ben sabedes recentemente acaba de presentarse a FEMAL (Federación española de maestros de audición y lenguaje) da que atoparedes máis info na súa web

https://federacionmaestrosal.org/?fbclid=IwAR1DdQ3n0echRWjZtcg9Y-ySeLkjHErl5SeG-g2Zx87gOnIk8pmPnX9KxpU


Pois ben, solicitan a nosa axuda con dúas campañas, unha recollida de firmas e unha campaña de visibilización nas diferentes RRSS (facebook, instagram e twitter).


Por que solicitan a nosa axuda?

Pois para que o alumnado NEAE poida recibir unha atención educativa de calidade, solicitando a baixada de ratios do alumnado que atenden xs mestrxs de AL, aumentando o número de especialistas nos centros educativos, e regulando normativamente as súas funcións a nivel estatal e autonómico.


A recollida de firmas para as que precisam 500.000 e presentala ó Ministerio de Educación podedes vela neste enlace (recordar confirmar o voso correo electrónico despois de firmar)

En canto á campaña das redes sociais podes sacarte unha foto facendo o signo + ou recortando o seu bocadillo e facendo unha foto con el, subíndoo ás túas redes sociais cos hashtags #movimientoAL e #másALmásInclusión… Lembra etiquetar á @femal_al e a @agmal.info!


Comparte as propostas cos teus compañeiros, amigos, familias... Coa túa axuda poderase chegar a moitas persoas e lograr un obxectivo tan necesario.









Comments

Couldn’t Load Comments
It looks like there was a technical problem. Try reconnecting or refreshing the page.
Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
No hay etiquetas aún.
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
bottom of page